O ALCALDE NON FAI OS DEBERES
A principios de ano, o Alcalde de Ortigueira envioulle ós pais de alumnos do Colexio “José María Lage” unha carta na que pretendía xustificar a súa inactividade con relación ás deficiencias do edificio do Colexio.
Penso que, cando unha persoa que ostenta un cargo público, coma o Sr. Alcalde de Ortigueira, decide utilizar os medios públicos para informar da súa xestión debería dicir toda a verdade. E non a dixo.
O mantemento do Centro Escolar “José María Lage” é función e obriga do Concello. O Sr. Alcalde, nesa carta dí “que ha hecho los deberes en el campo de la educación”. É posible que os fixera, pero non aprobou.
Hai mais de quince anos que a maior parte do escolar non se pinta, os dinteis da maioría das ventás están deteriorados; os patios asoláganse, etc. Abondaría con que o Sr. Campo lle adicase a milésima parte dos esforzos que adica ás festas e a ó xolgorio para que o Colexio estivese nun estado aceptable. Pero non o fixo.
¿Quen estivo nestes vinte anos na Consellería de Educación? O Partido Popular.
¿Quen estivo nestes derradeiros oito anos na Alcaldía de Ortigueira? O Sr. Campo.
Cando, como candidata á Alcaldía polo PSdeg-PSOE, visito o colexio para ver ás súas deficiencias e tratar de corrixilas é cando o Sr. Alcalde xustifica, con esa carta, o que non fixo en oito anos.
É a raíz das miñas xestións que a concellala de Educación, Sra. Susana Mourelle, ponse a recoller firmas de pais para culpar á actual Consellería.
Nestes oito anos que leva na Corporación Municipal, ¿a que se adicou?. ¿Que é o que fixo?. ¿Onde están ós seus logros, o resultado das súas inexistentes xestións?.
O Sr. Alcalde e a súa concellala din que existía un convenio cá Consellería para invertir no Colexio vintecinco millóns de pesetas. Eles saben que ese convenio, firmado pola anterior Consellería de Educación, do Partido Popular, nas vísperas electorais, sen asignación presupostaria, foi un prometo sen cartos que quedou no aire.
Eu encargueime de transmitir ó Delegado de Educación, don Pedro Armas as deficiencias das instalacións do Colexio. Eu mesma encargueime de fotografar e tomar nota delas. Nun prazo breve de un o dous meses serán subsanados os máis urxentes. Teño que preocuparme eu de ir ó Centro Escolar para que se de conta que hai deficiencias?.
Polo tanto, visitarei o case recén inaugurado Centro de Saúde para arranxar as reincidentes goteiras; irei ó Asilo para solucionar os problemas do persoal, darei unha volta por cada sitio no que haxa problemas para que o Alcalde recolla firmas.
Raquel Cobo

Athiña dijo
Eche moito. No Concello utilizan os meus datos censuais para mandarme propaganda política a casa (estou pensando en denunciar ante o Defensor do Pobo o uso dos meus datos para eses fines. Está perseguido pola Ley de protección de datos) e a propia Concellala de educación, responsable do estado das instalacións escolares anda a recoller sinaturas para protestar polo estado das instalacións escolares, e non sei de que maneira porque non oín nada de ningunha campaña aberta de recollida de sinaturas. A min polo menos non me pediron a miña. Menudos manipuladores. Que cara teñen todos, pero sobretodo esta señora, que sempre mirou para outro lado nos catro anos que leva de concellala e membro do consello escolar.
7 Febrero 2007 | 11:48 AM